Vigo noir. Xeografías literarias e relacións intersistémicas na novela negra galega

Autori

  • Xaquín Núñez Sabarís Università degli Studi di Milano

DOI:

https://doi.org/10.13130/2240-5437/11749

Parole chiave:

Narrativa galega, Novela negra, Campo literario, Xeografías literarias

Abstract

Nos últimos anos o xénero negro acadou un notable alcance comercial e institucional na cultura galega, a través, sobre todo, de narrativas literarias. As novelas de Domingo Villar, Pedro Feijoo ou Francisco Castro conseguiron un considerable éxito comercial e contribuíron á popularización da narrativa de entretemento, con narracións de suspense. Todas elas seguen un recoñecible patrón, a partir dunha mesma cartografía literaria (Vigo e a súa contorna). Este artigo pretende, xa que logo, analizar a configuración da novela negra e a construción de xeografías literarias específicas, tendo en conta os mecanismos de mercado e institucionais no campo cultural galego e o comportamento intersistémico das obras que serán obxecto de estudo.

Dowloads

Pubblicato

2019-05-25

Fascicolo

Sezione

“Confluencias e interferencias literarias y culturales en el espacio ibérico”. Sección monográfica